19 de septiembre
lunes, 5 de septiembre de 2016
III ABIERTO INTERNACIONAL DE AJEDREZ HOTEL CEMAR
Nuestro compañero Francisco González Quintela ha conseguido, con su participación en este torneo, entrar en las listas de ELO FIDE con una puntuación de 1399.
miércoles, 31 de agosto de 2016
CURSO 2016/2017
¡¡ YA ESTAMOS DE REGRESO!!
CURSO 2016/2017
COMIENZO DE LAS CLASES:
15 DE SEPTIEMBRE
Más información:
martes, 12 de julio de 2016
domingo, 26 de junio de 2016
II TORNEO XADREZ E NATUREZA
CRÓNICA
FINAL DO TORNEO:
O pasado domingo 19 de
xuño celebrouse a segunda edición do “Torneo Xadrez e Natureza”. Este evento,
único na súa categoría, combina xadrez en contacto coa natureza, xuntando aos
xogadores e ás súas familias nun marco incomparable como é A Fraga do Rei en Cristiñade, Ponteareas.
Participaron mais de 50
xogadores, procedentes de 8 clubes e colexios da provincia, destacando unha
ampla participación da Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas e do Clube
Xadrez Marín.
As familias gozaron dun
día marabilloso e xantaron e merendaron nun gran ambiente de camaradería.
O torneo contou coa
presenza do Concelleiro de Deportes de Ponteareas Bieito Márquez, quen xunto coa
Directiva do clube organizador, entregaron os trofeos e agasallos a todos os
participantes.
O podio de vencedores foi
o seguinte:
Categoría Sub-8:
1º
Olivier Rocha Martínez da Escola Xadrez Pontevedra.
2º
Darío Xosé Vidal Salgueiro do Clube Xadrez Marín.
3º Héctor Entenza Lamelas do
Clube Xadrez Marín.
Categoría Sub-10:
1º
Tiago Montero Faro da Escola de Xadrez de Ponteareas.
2º
Adrián González Fernández do Colexio Apostol Santiago de Vigo.
3º Marcos Talavera
Domínguez da Escola de Xadrez de Ponteareas.
Categoría Sub-12:
1ª Malena Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.
2º Xoán Otero Carrera da Escola de Xadrez de Ponteareas.
3º André Ferreira Saavedra do Clube Xadrez Ramiro Sabell de Ponteareas.
Categoría Sub-14:
1ª Paula García Álvarez do Clube Xadrez Marín.
Categoría Sub-16:
1º Carlos Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.
Categoría Sub-18:
1º Francisco González Rodiño da Escola de Xadrez de Ponteareas.
Categoría Absoluta:
1º Víctor Santiago García do Clube Xadrez Marín.
2º Miguel Ángel Santiago Pereira do Clube Xadrez Marín.
3º Darío Domínguez Certal do Clube Xadrez Marcote
A organización agradece a presenza de todos os participantes e ás súas familias e emplázaos para a terceira edición do torneo que se celebrará o 18 de xuño de 2017.
lunes, 20 de junio de 2016
II TORNEO XADREZ E NATUREZA
| Darío Domínguez Certal 3º Clasificado Categoría Absoluta |
| Marcos Talavera Domínguez 3º Clasificado Categoría Sub 10 |
| Tiago Montero Faro Campeón Categoría Sub 10 |
| Xoán Otero Carrera Subcampeón Categoría Sub 12 |
| Francisco González Rodiño Campeón Categoría Sub 18
¡¡¡ENHORABUENA A TODOS!!!
|
LA PARTIDA DEL DÍA PARA NUESTRO CLUB
| Francisco González Quintela contra Francisco González Rodiño |
| Momento de la partida que terminó en tablas |
martes, 14 de junio de 2016
II TORNEO XADREZ E NATUREZA
BASES DO TORNEO
DATA:
DOMINGO 19 de Xuño de 2016
LUGAR:
PARQUE FORESTAL “A FRAGA DO REI”.
CRISTIÑADE
PONTEAREAS
CRISTIÑADE
PONTEAREAS
PARTICIPACIÓN E INSCRICIONS:
ABERTA E GRATUITA
Indicando: Nome,
apelidos, data de nacemento do participante, categoría e club, colexio ou
escola á que pertence. Data límite:
Sábado, 18 de Xuño de 2016 ás 22:00 horas, cun límite de 80 prazas.
MODALIDADE E CATEGORÍAS:
ESCOLAR E ABSOLUTA.
Escolar: nados nos anos 2004 e posteriores.
Absoluta: nados nos anos
2003 e anteriores.
SISTEMA DE XOGO
E NORMAS:
SISTEMA SUÍZO a 6 roldas
elaborado cun programa informático para as 2 categorías (Non se admitirán
reclamacións aos emparellamentos, a menos que se produciran erros na
introdución manual de resultados).
NORMAS DE XOGO:
·
O torneo rexerase polas Leis de Xadrez da FIDE.
·
A man que xoga é a que debe pulsar o reloxo.
·
Ante calquera incidencia os
xogadores deberán solicitar a presenza dun árbitro.
·
En caso de promocionar un
Peón e deséxase convertelo en Dama, debe colocarse unha no taboleiro. Unha
Torre investida non se considerará Dama, senón Torre.
·
Unha vez finalizada as
partidas os xogadores chamarán ao árbitro. Unha vez que este certifique o
resultado, os xogadores deixarán as pezas na súa posición orixinal.
·
Á terceira ilegal o xogador
perderá a partida.
·
As decisións dos Árbitros
serán inapelables.
·
A participación no Torneo
implica que os participantes, e en caso dos xogadores menores de idade, os seus
pais, autorizan a publicación da súa imaxe e
datos persoais nos medios que a Organización estime oportunos: listaxes
de xogadores, clasificacións, emparellamentos, chessresults, vídeos, reportaxes
prensa e televisión, etc.
“A
Organización resérvase o Dereito de Admisión”
RITMO DE XOGO Y SISTEMAS DE DESEMPATE:
20 minutos por partida para cada xogador.
1º.- Bucholz
Total. 2º.- Bucholz Menor (quitando o opoñente de peor puntuación). 3º.- Progresivo.
4º.- Sorteo entre os xogadores empatados que opten a premios.
INAUGURACIÓN E CALENDARIO DE XOGO:
Domingo 19 de Xuño as 11:00 horas.
ROLDA
|
DIA
|
HORARIO
|
Rolda 1
|
19-06-2015
|
11:15 h.
|
Rolda 2
|
19-06-2015
|
12:15 h.
|
Rolda 3
|
19-06-2015
|
13:15 h.
|
Rolda 4
|
19-06-2015
|
16:15 h.
|
Rolda 5
|
19-06-2015
|
17:15 h.
|
Rolda 6
|
19-06-2015
|
18:15 h.
|
ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOS:
O
Domingo 19 de Xuño ás 19:30 horas
procederase á entrega de premios coa presenza do Comité Organizador e os
delegados das firmas colaboradoras.
PREMIOS, DIPLOMAS, AGASALLOS E SORTEO DE AGASALLOS:
v TROFEO aos 3 primeiros clasificados das seguintes categorías:
·
Pre-Benjamín (Sub-8): Nados no ano 2008
e posteriores.
·
Benjamín (Sub-10): Nados nos anos
2006 e 2007.
·
Alevín (Sub12): Nados nos anos
2004 e 2005.
·
Absoluta: Nados o ano 2003
e anteriores.
v TROFEO ao primeiro clasificado das seguintes categorías:
·
Infantil (Sub-14): Nados
nos anos 2002 e 2003.
·
Cadete (Sub-16): Nados
nos anos 2000 e 2001.
·
Xuvenil (Sub-18): Nados
nos anos 1998 e 1999.
v AGASALLOS: Todos os xogadores da Categoría Escolar que finalicen o Torneo recibirán
unha medalla conmemorativa, as cales se entregarán no Acto de Clausura do
Torneo, unha vez entregados os Trofeos dos premiados. Todos os xogadores da
Categoría Absoluta que finalicen o Torneo recibirán un chaveiro cun motivo
xadrecístico.
v DIPLOMA: Haberá un Diploma de Participación para todos os participantes.
v SORTEO DE
AGASALLOS: Unha vez
finalizada a entrega de trofeos aos premiados procederase a realizar un sorteo
de agasallos entre os xogadores participantes menores de 16 anos.
ORGANIZA:
ESCOLA MUNICIPAL DE XADREZ DE PONTEAREAS
Avenida Sarmiento Rivera nº 17, 1º Iqda – PONTEAREAS
E-mail: xadrezponteareas@yahoo.es
Web: http://xadrez-ponteareas.blogspot.com.es/
E-mail: xadrezponteareas@yahoo.es
Web: http://xadrez-ponteareas.blogspot.com.es/
PATROCINAN:
A Organización
resérvase o dereito de modificar as bases do II Torneo “Xadrez e Natureza”
sen outra obrigación que a de publicala na páxina web:
http://xadrez-ponteareas.blogspot.com.es/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































