martes, 25 de febrero de 2020

VI TORNEO INTERNACIONAL SUB-2200 XADREZ PONTEAREAS

 CRÓNICA DEL TORNEO

Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do I.E.S.  do Barral, o VI Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas “I Gran Premio TROFEOS E ARTESANÍA  ACLUDI”.

Este torneo pertence ao I Circuíto Internacional Sub-2200  ACLUDI –  XADREZ PONTEAREAS que consta de 5 torneos e disputarase ao longo do ano 2020.

No torneo competiron 37 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia e norte de Portugal.

O podio de vencedores foi o seguinte:

CATEGORÍA XERAL:

Campión: Diogo Faría Oliveira Martins (Club Escola Xadrez do Porto).
Sub-Campión: Carlos Miguel Chaves Otero (Club A. C.D. Dorna Illa de Arousa).
3º Clasificado: Manuel Outerelo Ucha (Club Xadrez Marcote).

CATEGORÍAS ESPECIAIS:
1º Clasificado  Cat. Sub-2000: Miguel González  Davila (Club Xadrez Marcote).
1º Clasificado  Cat. Sub-1800:  Belarmino Garcia  Camiña (Club Xadrez Marcote).
1º Clasificado  Cat. Sub-1600: Rui  Filipe Fernandes Santos (Club  Escola  Xadrez  do Porto).
1º Clasificado  Cat. Sub-1400 / Sen  ELO: Xoán Manoel Padrón Villar (Club Vila de Bouzas).
1º Clasificado  Cat. Veterano: Gerardo  Argudín Rial (Club  Xadrez Ramiro Sabell).
1º Clasificado  Cat. Sub-16: Adrián Carpintero Muñoz (Club  Escola  Xadrez Ponteareas).
1º Clasificado  Cat. Sub-14: Diego Ibáñez Cruces (Club Xadrez  Lucena).
1º Clasificado  Cat. Sub-12: Hugo Souto  Corredoura (Club  Xadrez Mos).
1º Clasificado  Cat. Sub-10: Mauro Castro Barciela (Club  Xadrez Mos).
1º Clasificado  Cat. Sub-8: Carlos Pérez Méndez (Club  Xadrez Mos).

No acto de clausura do torneo acompañou á Directiva do Club, o Director do I.E.S.  do Barral Álvaro Groba. Concedéronse trofeos aos 3 primeiros clasificados e ás categorías especiais (idade, ELO, etc).

Os tres primeiros recibiron tamén un lote de agasallos do Club e da Empresa  TORFEOS E ARTESANÍA  ACLUDI, patrocinadores do evento. Sorteouse tamén un obsequio entre todos os participantes.

A organización do torneo agradece a todos os xogadores a súa presenza e convídaos a participar no próximo torneo pertencente ao I Circuito, que se celebrará os días 11 e 12 de abril no I.E.S.  do Barral. Agradecer á Empresa “TROFEOS E ARTESANÍA  ACLUDI”, ao Club Deportivo Ou Barral e ao  Concello de Ponteareas a súa colaboración neste evento, así como á Dirección do I.E.S.  do Barral pola cesión das súas instalacións.

Manuel Enrique Outerelo Ucha
Director do Torneo







domingo, 16 de febrero de 2020

4ª Ronda Liga Galega 3ª división



Xadrez Ponteareas "A" Restaurante Tapería Nosa Terra 2 - 2 Xadrez Albatros C

Xadrez Ponteareas "B" C. D. O Barral 3 - 1 Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas IES Val do Tea