domingo, 26 de junio de 2016

II TORNEO XADREZ E NATUREZA



CRÓNICA FINAL DO TORNEO:

O pasado domingo 19 de xuño celebrouse a segunda edición do “Torneo Xadrez e Natureza”. Este evento, único na súa categoría, combina xadrez en contacto coa natureza, xuntando aos xogadores e ás súas familias nun marco incomparable como é  A Fraga do Rei en Cristiñade, Ponteareas.

Participaron mais de 50 xogadores, procedentes de 8 clubes e colexios da provincia, destacando unha ampla participación da Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas e do Clube Xadrez Marín.

As familias gozaron dun día marabilloso e xantaron e merendaron nun gran ambiente de camaradería.

O torneo contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Ponteareas Bieito Márquez, quen xunto coa Directiva do clube organizador, entregaron os trofeos e agasallos a todos os participantes.

O podio de vencedores foi o seguinte:

Categoría Sub-8:
1º Olivier Rocha Martínez da Escola Xadrez Pontevedra.

2º Darío Xosé Vidal Salgueiro do Clube Xadrez Marín.

3º Héctor Entenza Lamelas do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-10:
1º Tiago Montero Faro da Escola de Xadrez de Ponteareas.

2º Adrián González Fernández do Colexio Apostol Santiago de Vigo.

3º Marcos Talavera Domínguez da Escola de Xadrez de Ponteareas.
 

Categoría Sub-12:
1ª Malena Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.
2º Xoán Otero Carrera da Escola de Xadrez de Ponteareas.
3º André Ferreira Saavedra do Clube Xadrez Ramiro Sabell de Ponteareas.

Categoría Sub-14:
1ª Paula García Álvarez do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-16:
1º Carlos Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-18:
1º Francisco González Rodiño da Escola de Xadrez de Ponteareas.

Categoría Absoluta:
1º Víctor Santiago García do Clube Xadrez Marín.

2º Miguel Ángel Santiago Pereira do Clube Xadrez Marín.

3º Darío Domínguez Certal do Clube Xadrez Marcote

A organización agradece a presenza de todos os participantes e ás súas familias e emplázaos para a terceira edición do torneo que se celebrará o 18 de xuño de 2017.
 
 
 
 

 

No hay comentarios: