Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do I.E.S. do Barral, o VI Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas “I Gran Premio TROFEOS E ARTESANÍA ACLUDI”.
Este torneo pertence ao I Circuíto Internacional Sub-2200 ACLUDI – XADREZ PONTEAREAS que consta de 5 torneos e disputarase ao longo do ano 2020.
No torneo competiron 37 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia e norte de Portugal.
O podio de vencedores foi o seguinte:
CATEGORÍA XERAL:
Campión: Diogo Faría Oliveira Martins (Club Escola Xadrez do Porto).
Sub-Campión: Carlos Miguel Chaves Otero (Club A. C.D. Dorna Illa de Arousa).
3º Clasificado: Manuel Outerelo Ucha (Club Xadrez Marcote).
CATEGORÍAS ESPECIAIS:
1º Clasificado Cat. Sub-2000: Miguel González Davila (Club Xadrez Marcote).
1º Clasificado Cat. Sub-1800: Belarmino Garcia Camiña (Club Xadrez Marcote).
1º Clasificado Cat. Sub-1600: Rui Filipe Fernandes Santos (Club Escola Xadrez do Porto).
1º Clasificado Cat. Sub-1400 / Sen ELO: Xoán Manoel Padrón Villar (Club Vila de Bouzas).
1º Clasificado Cat. Veterano: Gerardo Argudín Rial (Club Xadrez Ramiro Sabell).
1º Clasificado Cat. Sub-16: Adrián Carpintero Muñoz (Club Escola Xadrez Ponteareas).
1º Clasificado Cat. Sub-14: Diego Ibáñez Cruces (Club Xadrez Lucena).
1º Clasificado Cat. Sub-12: Hugo Souto Corredoura (Club Xadrez Mos).
1º Clasificado Cat. Sub-10: Mauro Castro Barciela (Club Xadrez Mos).
1º Clasificado Cat. Sub-8: Carlos Pérez Méndez (Club Xadrez Mos).
No acto de clausura do torneo acompañou á Directiva do Club, o Director do I.E.S. do Barral Álvaro Groba. Concedéronse trofeos aos 3 primeiros clasificados e ás categorías especiais (idade, ELO, etc).
Os tres primeiros recibiron tamén un lote de agasallos do Club e da Empresa TORFEOS E ARTESANÍA ACLUDI, patrocinadores do evento. Sorteouse tamén un obsequio entre todos os participantes.
A organización do torneo agradece a todos os xogadores a súa presenza e convídaos a participar no próximo torneo pertencente ao I Circuito, que se celebrará os días 11 e 12 de abril no I.E.S. do Barral. Agradecer á Empresa “TROFEOS E ARTESANÍA ACLUDI”, ao Club Deportivo Ou Barral e ao Concello de Ponteareas a súa colaboración neste evento, así como á Dirección do I.E.S. do Barral pola cesión das súas instalacións.
Manuel Enrique Outerelo Ucha
Director do Torneo
No hay comentarios:
Publicar un comentario