TORNEO XADREZ E NATUREZA


CRÓNICA FINAL DO TORNEO:

Este fin de semana celebrouse o III TORNEO XADREZ E NATUREZA XXV ANIVERSARIO DO CLUB, no Parque Forestal A Fraga do Rei, na parroquia pontareana de Cristiñade. No evento participaron 55 xogadores procedentes de clubes das provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra. O torneo dividiuse en dúas categorías: escolar e absoluta.

Os xogadores e as súas familias disfrutaron dun fermoso día e xantaron no mesmo parque. A organización convidou a todos os participantes a unha merenda antes da entrega de premios. Entregáronse diplomas a todos os xogadores e os participantes en idade escolar recibiron todos un agasallo da organizacion 

O Cadro de Honra do Torneo foi o seguinte:

Categoría Sub-8:
1º Breixo Vidal  (Club Xadrez Marín) 2º Izan Paz (Escola Xadrez Ponteareas) 3º Sabela Montero (Sociedad Cultural Antorcha de Cristiñade)

Categoría Sub-10:
1º Olivier Rocha (Escola Xadrez Pontevedra) 2º Breixo Longueira (Club Algalia Santiago de Compostela) 3º Darío Vidal (Club Xadrez Marín)

Categoría Sub-12:
1º Pablo Martínez (Club Liceo de Ourense) 2º Xoán Otero (Escola Xadrez Ponteareas) 3º Amalia Costal (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Sub-14:
1º Daniel Martínez (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Sub-16:
1º Francisco González (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Sub-18:
1º Adrián Carpintero (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Absoluta:
1º Miguel Juan Morado (Club Ajedrez Marcote) 2º Ángel Otero (Club Xadrez Marín) 3º Sergio Lemos (Club Xadrez Altamira Salceda de Caselas)

Tamén houbo mencións especiais e entrega de placa conmemorativa do XXV Aniversario do Club para:

Concello de Ponteareas

Comunidad de Montes de Cristiñade

D. Belarmino García Martínez (Secretario de Asuntos Xurídicos da Secretaría Xeral para o Deporte, firmante do Acta Fundacional do club)


Manuel Enrique Outerelo Ucha

Director do Torneo y Secretario do Club Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas




CRÓNICA FINAL DO TORNEO:

O pasado domingo 19 de xuño celebrouse a segunda edición do “Torneo Xadrez e Natureza”. Este evento, único na súa categoría, combina xadrez en contacto coa natureza, xuntando aos xogadores e ás súas familias nun marco incomparable como é  A Fraga do Rei en Cristiñade, Ponteareas.

Participaron mais de 50 xogadores, procedentes de 8 clubes e colexios da provincia, destacando unha ampla participación da Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas e do Clube Xadrez Marín.

As familias gozaron dun día marabilloso e xantaron e merendaron nun gran ambiente de camaradería.

O torneo contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Ponteareas Bieito Márquez, quen xunto coa Directiva do clube organizador, entregaron os trofeos e agasallos a todos os participantes.

O podio de vencedores foi o seguinte:

Categoría Sub-8:

1º Olivier Rocha Martínez da Escola Xadrez Pontevedra.

2º Darío Xosé Vidal Salgueiro do Clube Xadrez Marín.

3º Héctor Entenza Lamelas do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-10:

1º Tiago Montero Faro da Escola de Xadrez de Ponteareas.

2º Adrián González Fernández do Colexio Apostol Santiago de Vigo.

3º Marcos Talavera Domínguez da Escola de Xadrez de Ponteareas.

Categoría Sub-12:

1ª Malena Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.

2º Xoán Otero Carrera da Escola de Xadrez de Ponteareas.

3º André Ferreira Saavedra do Clube Xadrez Ramiro Sabell de Ponteareas.

Categoría Sub-14:

1ª Paula García Álvarez do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-16:

1º Carlos Piñeiro Pintos do Clube Xadrez Marín.

Categoría Sub-18:

1º Francisco González Rodiño da Escola de Xadrez de Ponteareas.

Categoría Absoluta:

1º Víctor Santiago García do Clube Xadrez Marín.

2º Miguel Ángel Santiago Pereira do Clube Xadrez Marín.

3º Darío Domínguez Certal do Clube Xadrez Marcote

A organización agradece a presenza de todos os participantes e ás súas familias e emplázaos para a terceira edición do torneo que se celebrará o 18 de xuño de 2017.

Aquí podemos ver un resumen fotográfico de este magnífico día.











  


 















































































No hay comentarios: